viernes, 20 de abril de 2018

Iogamos xuntos: Os profes de 4º de Ed. Infantil

IOGAMOS XUNTOS

O ioga é unha actividade que favorece o equilibrio e a harmonia emocional e que constitúe un recurso da Intelixencia emocional.

Xunto coa práctica do Mindfulness por parte do alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, realizaron semanalmente sesións de Ioga para nenos/as dirixidos pola súa profe Diana.

Son numerosos os estudios que sinalan os beneficios que ten o ioga tanto para o desenvolvemento emocional, persoal, social, físico así coma para favorecer a aprendizaxe dos nenos e nenas dende idades temperás.

O ioga axuda a reafirmar a súa autoestima, a aprender a relaxarse e concentrarse máis, a manter unha actitude positiva ante a vida, a tomar conciencia sobre o seu propio corpo, estimula a creatividade, fomenta os valores de amizade e cooperación, crea ambientes cheos de paz e amor idóneos para construir unha escola aberta á diversidade.

Os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, convertéronse en profes de Ioga e compartiron toda a súa sabedoría cos nenos e nenas de 1º de Ed. Primaria. Foi unha  gran experiencia de cooperación e de compartir emocións e sentimentos.

Grazas nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil 

e a súa profe Diana por contribuir 

a construir unha escola chea de ledicia, agarimo e paz.



                                              

Podedes practiar Ioga nas vosas casas, e para iniciar deixámosvos o enlace da canción que nos ensinaron os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil:Saludo al sol cantado - Minipadmini

No hay comentarios:

Publicar un comentario